Preguntas frecuentes

Como…

Facer unha copia de seguranza das miñas gravacións?

Transferir as miñas gravacións ao meu computador?

Utilizar un micrófono externo?

Utilizar o modo Bluetooth?

Resolución de problemas

Borrou accidentalmente unha gravación! Como a podo recuperar?

Non podo gravar nada! Sempre recibo un erro sobre que otros aplicativos que están usando o micrófono.

Non podo gravar chamadas telefónicas!

Non podo enviar a miña gravación por SMS ou correo electrónico.

As miñas gravacións sonan terribles!

Faltan partes da miña gravación!

O aplicativo séguese interrompendo!

Preguntas frecuentes

Como…

Facer unha copia de seguranza das miñas gravacións?

As túas gravacións almacénanse no teu dispositivo, non na nube, e non se transferirán automaticamente se cambias de dispositivo. Podes usar un aplicativo como Dropbox ou Google Drive para facerlles unha copia de seguranza ás túas gravacións:
  1. Abre o aplicativo e cambia á lapela "Escoitar".
  2. Selecciona todas as gravacións ás cales lles queiras facer unha copia de seguranza.
  3. Selecciona a icona Compartir na barra de accións, na parte superior da pantalla.
  4. Elixe o aplicativo que queiras usar para facer as copias de seguranza das túas grabaciones.
  5. Espera ata que se suban.
  6. Se tes gravacións en máis dun cartafol, repite os pasos anteriores para todos os cartafoles que desexes copiar.
Tamén podes usar un aplicativo como Dropsync para facer isto de maneira automática. Vexa tamén:

Transferir as miñas gravacións ao meu computador?

É altamente recomendado facer copias de seguranza das súas gravacións nunha computadora antes de abrilas ou modificalas. Sábese que algúns teléfonos corrompen as gravacións cando as persoas as reproduzan directamente a partir do dispositivo. Se usas Windows:
  1. Conecta o teléfono ao teu PC co cable USB.
  2. Asegúrate de que o teu teléfono está en modo USB ou de almacenamento masivo.
  3. Navega ata o teléfono desde o teu computador.
  4. Localiza os arquivos; por defecto, gardaranse no cartafol “Gravadora de Voz Sinxela”.
Se usas Mac:
  1. Descarga e instala Android File Transfer antes de conectar o cable USB.
  2. Asegúrate de que o teu teléfono está en modo USB ou de almacenamento masivo.
  3. Navega ata o teléfono desde o teu computador.
  4. Localiza os arquivos; por defecto, gardaranse no cartafol “Gravadora de Voz Sinxela”.
Se podes ver os ficheiros no teu dispositivo pero non no teu computador, proba a reiniciar o teu dispositivo. Lea tamén:

Utilizar un micrófono externo?

Nos dispositivos Android máis recentes, o único que debes facer é conectar o micrófono na toma de auriculares. Unha vez que o micrófono externo estea conectado, o dispositivo contrólao todo automaticamente. Para asegurar que a túa gravación usa o micrófono externo, selecciona "Principal" en Configuración > Afinación > Micrófono. Vexa tamén:

Utilizar o modo Bluetooth?

Para gravar con Bluetooth, asegúrate primeiro que o Bluetooth estea activado na configuración do teu dispositivo e que o teu micrófono estea emparellado e conectado. Na configuración do teu micrófono Bluetooth, asegúrate de que “Media audio” estea seleccionado. Unha vez feito isto, podes gravar mediante Bluetooth volvendo ao aplicativo e seleccionando "Bluetooth" en Configuración > Afinación > Micrófono. Nalgúns dispositivos, o Bluetooth admítese só para chamadas telefónicas.

Resolución de problemas

Borrou accidentalmente unha gravación! Como a podo recuperar?

A Gravadora de Voz Sinxela non almacena copias remotas das súas gravaciones; desafortunadamente, é imposible recuperar unha gravación borrada.
Pode intentar recuperar o seu ficheiro usando algún destes consellos:
Ademais disto, quizais sexa posible contratar os servizos dun especialista na recuperación dos datos. As oportunidades dunha recuperación correcta aumentan canto menos use o teléfono e canto antes se realice.
Este blog contén máis detalles: Android Forensics, Part 1: How We Recovered (Supposedly) Erased Data.
Para evitar esta situación no futuro, pode instalar Dropsync para realizar copias de seguranza de forma automática en Dropbox. Para recuperar ficheiros borrados de forma máis sinxela, probe tamén Dumpster, un recolector de lixo para Android. Ao ser todas as ferrramentas de terceiros, desafortunadamente Digipom non pode ofrecer ningunha asistencia técnica nin dar garantía sobre a súa eficacia.

Non podo gravar nada! Sempre recibo un erro sobre que otros aplicativos que están usando o micrófono.

Soamente un aplicativo pode usar o micrófono á mesma vez. Se te atopas con este erro e nada máis parece estar usando o micrófono; por favor, reinicia o teu dispositivo. Se o problema aínda persiste, pode que estea causado por: Vexa tamén:

Non podo gravar chamadas telefónicas!

A gravación das chamadas telefónicas está bloqueada na maioría dos teléfonos polo sistema operativo. Como solución alternativa, podes cambiar a chamada ao altofalante e probar diferentes opcións en Configuración > Sintonización > Micrófono.

Non podo enviar a miña gravación por SMS ou correo electrónico.

Se a túa gravación ocupa moito espazo para enviala por correo ou SMS, aquí tes un par de opcións posibles: Vexa tamén:

As miñas gravacións sonan terribles!

Nalgúns dispositivos, problemas de soporte físico poden provocar unha baixa calidade de gravación ou que sonan como esquíos. Para mellorar a calidade da gravación, mantén o dispositivo alonxado de ruídos e asegúrate de que calquera opción na configuración para potenciar o son (como xLOUD) están desactivadas. Pode tamén desactivar o Incremento do Volume (ganancia) mediante a icona de Filtros (a variña máxica) e deslizando o valor a cero. Cambiar Configuración > Calidade do son a “Alta” e outras opcións en Configuración > Afinación > Micrófono podería solucionar estes problemas. Vexa tamén:

Faltan partes da miña gravación!

Algúns dispositivos desactivan o micrófono ao apagarse a pantalla, e a Grabadora de Voz Sinxela non pode detectar isto en todos os dispositivos. Nestes casos, deberá forzar a pantalla acendida durante a gravación. Consiga isto en Configuración > Avanzado & Resolución de problemas, configurando o modo suspensión a “Permitir atenuación de pantalla” ou “Manter pantalla encendida”. Vexa tamén:

O aplicativo séguese interrompendo!

Nalgúns dispositivos, o sistema pode rematar a execución dos aplicativos cando se activa o modo suspensión. Para manter a execución, vaia a Configuración > Avanzado & Resolución de problemas e configure o modo suspensión a “Permitir atenuación de pantalla” o “Manter pantalla encendida”. Se o problema persiste, desactive o modo aforro de enerxía e engada o aplicativo á lista de excepcións do optimizador de enerxía. Se instalou algún eliminador de tarefas, o aplicativo tamén debe ser engadida á lista de excepcións. Vexa tamén: